11.12.04

Distancia

??
Que demo é iso de Antes muerta que sencilla???
??

Mantéñanme informado, por favor.

3 comentários:

choios enríquez disse...

Vaia, Plattdorf. Por moita diáspora na que estea, non debería ter excusa ningunha para coñecer esta canción. Se foi a gañadora de Eurojunior e saiu nas televisións de toda Europa!!!

A cantautora-bailadora é unha criatura repelente de nove anos chamada María Isabel. Por sorte non tivo que aturar o patético triunfalismo epañó: "España gana Eurovisión 36 después de Massiel"

aiquesensilla!

Plattdorf disse...

Pero iso cando foi...? (dito con cara de papón) Confeso que me mantiven completamente alleo a semellante fenómeno da canción pachanga até hoxe. De feito, aínda non a ouvín, porque a conexión desde a casa non me permite moitas alegrías downloadeadoras. Haberá que agardar á segunda feira, desde o traballo.

Pois si, ás veces a diáspora ten algunhas vantaxes deste tipo. Pero non imaxina a ansiedade que me provoca chegar en avión a mediados de xullo para pasar as vacacións estivais e non ter nin idea de cal é a canción do verán. A xente mírame raro porque xa leva meses torturada coa ladaíña e eu sen ter a mínima idea...

Plattdorf disse...

de verdade???!?!?!

desenvolva o tema do suízo, por favor!!

será posíbel que me pasou desapercibido un verónico codesal infantil?