3.4.06

kako Struga nema druga (ou algo...)

Escribo desde Skopje, unha das cidades mais deprimentes do mundo, cando acabo de comezar o regreso e na retina ainda tenho a beleza do lago de Ohrid, os cumes nevados de Galicica e a emocion infantil de chegar a fronteira de Albania. Tamen o feismo integral de Tetovo e Gostivar, as luces verdes das torres das mesquitas e as iconas das igrexas ortodoxas. E a alegria de recuperar a minha camara.
Por diante ainda quedan Belgrado, Sarajevo, Mostar e Split. E centos de quilometros en autobus. E milleiros de sorpresas.

5 comentários:

eue disse...

Galicica, Galitzia... A que virán tantas tocaias por centroeuropa?

Cesare disse...

1. conte as divertidas historias balcánicas de recuperar a cámara.

2. conte o da fronteira albanesa. Non se pode cruzar?

Anónimo disse...

hehehe senti a mesma infantilidade quando no ferry grécia-itália tinha no telemóvel uma rede albanesa! depois cheguei a ver uns montes ao longe que alguns passageiros garantiram ser a Albânia.

Mas reforço a questão do Cesare, é assim tão pouco recomendável entrar na Albânia? Afinal ela já participa na Eurovision há uns bons anitos! LOL ;)

PS: Este ano estreia-se a Arménia. O polvo eurovisivo estica os seus tentáculos :)

Cesare disse...

ughs, que susto ao ler iso do 'polvo eurovisivo'...

Plattdorf disse...

As historias da cámara e outras virán en días sucesivos.

A fronteira de Albania pódese cfruzar, claro que se pode. De feito, uns holandeses que topamos en Ohrid dixéronnos que ían para Tirana porque había alí un concerto de Bregovich. Pensamos en ir ao concerto, porque Struga está a 132 km de Tirana, e incluso baixar a Durres, para ir á praia, pero non tiñamos tempo para todo.

Pero agora xa teño claro que a proxima vez que teña que ir de Split a Struga vou seguir a liña máis recta, por Albania.