7.10.05

Barra


Non podía faltar. O certo é que en todo o verán non fora a Barra, así que o dous de outubro, en plena retirada dunha importante enchente en Vigo e en plena preparación para o regreso a Prusia, pasei unha tranquilísima mañá do domingo con Revelde neste paraíso. O meu pé non me ha deixar mentir.

Tróia II

Xusto unha semana antes de que derrubasen as Torres de Torralta, en Tróia, nós, inconscientes de todo iso, esperabamos nunha enorme fila o noso turno para embarcar no ferry de Setúbal. Caladinha, atraída polas ruínas, facía plans para voltar e explorar os seus segredos. Xa non puido ser.

Meco

Post especialmente dedicado a Opaco. Da praia do Meco non teño pé, pero quedamos moi impresionados cunha arte de pesca que eu non coñecía. Semanas despois, tras certa actividade cultural, descubrín que a tal arte de pesca tamén era galega: chámase xávega.

2.9.05

Tróia


Hai seis días, nunha praia nudista(?) a uns 700 km da miña casa. Tentando imitar (só un pouco) o Drocas.

Cova da Hedre


Hai dez minutos, nunha praia nudista a 200 metros da miña casa.

P.S.: Adoro que a meirande marcadora de tendencias internáuticas do país e mais eu compartamos skyline ao irmos á praia. Disque non somos os únicos.

16.7.05

Esta puta cidade expúlsame cada día. Pero eu resístome, e fódome, e fódoa, e cada vez me gusta máis. E torno a vir.

15.7.05

eficiencia alemá

E fóra. Xa saíu o sol outra vez, xa tiven unha mini-inundación por mor dunha xanela medio aberta e o termómetro exterior marca 20ºC. Todo nun tempo record de..., 15 minutos?

tropical islands

Non o fago a propósito, pero é que até hai cinco minutos, cando escribín o post anterior, levabamos un día tórrido e húmido, con sol abríndose entre nubes baixas e 30ºC dentro da casa. De súpeto, como se alguén escoitase a miña petición, en trinta segundos o vento abanea a rama das árbores da rúa, locen os lóstregos e as pingotas de auga fúranme as petunias do balcón.

A min na escola explicáranme que en Berlín había clima continental. Será que en vez da porta do forno, o que deixaron aberto é a porta do hangar.

unha semana a 35ºC non stop

Por favor, que alguén peche a porta do forno...!

Sísifo überall

Ou de como o galego é decote un hipercrítico.

14.7.05

FKK

É realmente excepcional explorar os lagos que rodean Berlín durante o verán. Só con facer unha pequena viaxe de metro pódese acabar na beira dun pequeno paraíso periurbano e gozar de experiencias como nadar baixo un solpor berlinés rodeado de patos. Ou sexa, o que aconteceu antonte no Weissensee.

Nos días en que se ergue un da cama con enerxía deportista tamén se pode coller a bicicleta, atravesar o enorme bosque público de Grunewald e elixir algunhas das pequenas praias de area do Wannsee, especialmente as que están ao norte da Grunewaldturm, como a praia de Kuhhorn (Corno de Vaca). Só que despois de nadar un pouco e secar, dá preguiza pensar nos tres cuartos de hora de bici que leva o retorno.

Incluso, como premio a unha longa camiñada polas beiras máis remotas do Müggelsee, pódese descubrir unha praíña monopraza -ou como moito bipraza, se se trata dun día de paixón amorosa desatada- para esquecerse de que se está no medio dunha metrópole centroeuropea.

En todos estes lagos, igual que nos parques da cidade, hai zonas en que é habitual o nudismo. Mesmo cheguei a pensar que todo isto non ten nada que lle envexar -aínda sendo radicalmente diferente- ás visitas a todas esas praias do verán.

Hoxe mudei de opinión. Arf.

ordem e progresso

Seguindo co resultado de cámaras prestadas, hoxe fun recoller millóns de fotos que fixen coa antiga cámara analóxica. As do desfile do Orgullo deste ano non teñen moito mal. Hai algunhas un pouco grimosas -algunhas da miña colección internacional de beixos, por exemplo-, outras poucas bastante paveras.

A que me cobre definitivamente de gloria é esta:

13.7.05

score

1.1. Hai que ser moi cool para ir comprar algo no Flohmarkt dos domingos á mañá na Boxhagenerplatz. Unha lámpada sesenteira de segunda man rescatada dalgunha casa ex-socialista do barrio, un vinilo raiado cunha portada cargada dun prestixio case secreto, unha camiseta acabada de customizar diante dos teus ollos, un cartaz publicitario ruso dos anos cincuenta, un froiteiro de plástico vermello feito en Ucrania, un xoguete de folladelata..., calquera cousa serve.

1.2. Iso si, aínda é máis cool tomar o sol un domingo pola mañá no prado da Boxhagenerplatz: un lugar onde se xuntan en perfecta harmonía ossis borrachos profesionais, ácratas que baixan das casas okupas da Rigaerstraße e guais-até-morrer que se deitan por alí para ver e ser vistos.

1.3. Moito máis cool, se é posíbel, é estacionar unha furgoneta o domingo á mañá na Boxhagenerplatz, sacar un par de micros, un par de teclados deses que che regalan na primeira comuñón e uns bafles para inmediatamente comezar a ornear diante dun Trabant, poñendo cara de trascendente.

1.3.1. Neste caso, poñerse a mirar e escoitar a actuación con cara de certo interese pero sen aplaudir en ningún momento é tamén bastante cool, aproximadamente ao nivel descrito en 1.2.

1.3.2. No caso de aplaudir un pouco mantendo a seriedade facial, o nivel de coolismo baixa até o nivel 1.1.

1.3.3. Aplaudir con enerxía e acompañar iso con risos e comentarios cos amigos ten como consecuencia ser considerado un turista despistado, perder completamente todos os puntos acumulados e ser expulsado implicitamente do xogo.

2. Ora ben, hai quen está noutro plano. Se andas descalzo un domingo á mañá pola Boxhagenerplatz, cargado de rastas loiras, cuns pantalóns de ir aos panchos e cara de moita felicidade, e de repente saes ao semicírculo formado diante dos músicos para recoller a túa filla espida, que está comezando a tocar os bafles... Aí, amigo, aí si que xa non hai máis para onde ir.

Eu merquei algo, non tomei o sol, non me rin nin aplaudín. Tamén uso pantalóns de ir aos panchos. Supoño que progreso adecuadamente. E moito me divirto, che.

apaga o candil, marica tschüss tschüss

Sábado, Pedro conseguiu unhas entradas gratis para o Wintergarten e xuntámonos alí con The Sobrado e Joachim. A platea chea de mesas, camareiros a servir bebidas e ceas, os números no escenario, o presentador omnipresente...

Eu tivera moita curiosidade por saber como era aquilo e finalmente paseino moi ben. E é que aínda nunca estivera no Luar.

The Sobrado

Había moito tempo que non tiña tanto contacto seguido con guitarradas e guitarreiros. Pero sobre todo había centos de anos que non pasaba toda unha noite de venres bailando rock. E o máis sorprendente de todo é que o pasei ben.

A amizade fai milagres.

adaptación

Desde o mes de abril -ou foi marzo?-, cando me roubaron a cámara, a miña precaria situación económica obrigoume a revisar as miñas prioridades, renunciar a comprar unha nova inmediatamente e tirar fotos exclusivamente co móbil. Sufro.

A semana pasada aproveitei a visita de The Sobrado para pedirlle algunha vez a súa máquina e facer as que me petaba.

Esta fíxena pensando en Ra. Agora vin no seu blog que estes días foi o aniversario de Costeleta, así que tamén podo desdicir o dito, afirmar que é para ela, quedar ben e non gastar un peso.

en que feira venden o título de xornalista?

Aunque el punto más caliente de la comunidad continúa siendo el interior de Ourense, los incendios que asolan desde hace cinco días el norte de Portugal preocupan también por su proximidad a Pontevedra. A última hora de ayer, las brigadas antiincendios intentaban atajar 16 frentes abiertos, algunos de ellos en los distritos de Guarda y Viana do Castelo, limítrofes con Galicia.

7.7.05

back to feudalism

In the past our politicians offered us dreams of a better world. Now they promise to protect us from nightmares.

Necesarísima tradución no Quilombo.

doente

Encóntrome pola noite con The Sobrado, Pedro e Jörg e acabamos ceando en inglés nunha pizzaría. Despois tomámoslle algo nun bar de Kens intensamente bronceados e alí un fulano bastante novo comeza a falar connosco sen máis. Súa nai é de Madrid, seu pai de Siena, el naceu en Múnic, viviu en Londres e agora é bicoastal de vez, con xeiras de tres meses entre San Diego e Berlín. Tetralingüe fluente.

Los mexicanos de Tijuana hablan como los gatos, te juro que me dan asco cuando los oigo.

London is a piece of shit, siempre lloviendo, y además no soporto el acento inglés: me suena a maricón viejo y estirado.

Das Sächsische ist schrecklich, findest du nicht? Y no me digas que es un prejuicio; siempre que oigo hablar a los sajones pienso que tienen un dialecto feísimo.

Tengo un amigo de Soria y me parece que habla el castellano más perfecto del mundo. Lento, fuerte, acentuado..., es perfecto.

Hai que se desenganar. O cosmopolitismo non é vacina segura para ningunha das doenzas da humanidade.

6.7.05

No Logo


Esta mañá, mentres estaba na miña oficina, uns fulanos vestidos de branco fixeron un arrastão polos corredores do edificio onde traballo. Pero non roubaron nin asaltaron a ninguén, senón que arrincaron todos os anuncios de publicidade comercial e deixaron a súa marca.

Fóra os mercadores do Templo, en definitiva.