
Entre 
Londonderry e Derry, os de Ryanair escolleron 
Derry para o seu 
mapa de destinos, aínda que a forma unionista está discretamente 
presente no sitio web. De todos os xeitos, o código internacional do aeroporto norirlandés -
LDY- non deixa dúbidas sobre quen escribe a historia.
Desde hoxe, Ryanair xa nos agasalla cun -previsibelmente- pouco polémico Santiago de 
Compostella: a sobreabundancia da letra ele parece ser unha 
constante nos conflitos toponímicos.
Eu xa estou intrigado por saber que vai acontecer con 
Easyjet e o aeroporto de 
LCG.
 
 
2 comentários:
Non son riquiños os nosos direutores xerais? Para comelos.
Pero claro, ou nas mans ou nos pés has de imitar a quen es.
E moito lle mitan, che.
:)
Enviar um comentário