9.1.06

friaxe

A xelidez é total. Entre o día de Nadal e o de Ano Novo caeron en Berlín unhas nevaradas tremendas que eu non vivín por estar en coordenadas moito máis sudoccidentais. Desde entón non caeu ningunha folerpa máis, pero con temperaturas coma as que estamos tendo, de -10ºC de mínima e -3ºC de máxima, a neve non se derrete.

Iso si, hai unha grande diferenza entre o centro da cidade e o bairro residencial en que me toca traballar. Mentres no centro as cuadrillas de limpeza xa foron reducindo a neve a pequenas moreas grisallas, nos arredores a paisaxe mantense nevada e as zonas de paso teñen unha perigosa capa de varios centímetros de xeo, produto da neve tripada por milleiros de pés. Así que camiñamos e fumegamos, coma locomotoras de vapor, sobre unha superficie irregular de cristal pulido. De cando en vez alguén esvara, consegue manter o equilibrio e todos os presentes intercambian olladas de solidariedade circunstancial.

A aventura diaria de ir ao traballo.


Foto especialmente dedicada a Lseijo, que xa sei o que lle gustan estas cousas da neve.

2 comentários:

Plattdorf disse...

Xa muller, pero non sei que me dá andar con botas de andar polos Alpes aquí na chaira prusiana. Sería como levar zocas en Almería ou havaianas en Laponia, non?

Anónimo disse...

chrome hearts
goyard tote bag
golden goose outlet