20.7.06

frustración, máis ou menos

Nada de San Xoán, ao final tiven que pasar case toda a noite no aeroporto de Madrid-Barajas compartindo co resto de galegos o maltrato que nos deparan as aeroliñas españolas.

Iso si, compensei bastante o feito de que este ano non houbese as miñas choqueiradas de facer a lumerada no balcón nin nada diso. Explícome. Cheguei á casa finalmente ás 4 da mañá, despois de múltiples peripecias aeronáuticas. Metín a equipaxe para dentro e, cheo de carraxe, decidín baixar á praia por se aínda había algo. Polo areal había máis dunha ducia de lumeradas ardendo, pero a aquela hora xa non había literalmente ninguén: só a praia, as ondas, as lumeradas e mais eu.

Baixei á area. Mirei para o paseo marítimo: ninguén. Mirei para as xanelas do hotel: ninguén. Mirei para as casas máis proximas: aparentemente, ninguén.

Achegueime a unha das lumeradas. Volvín facer unha rolda de recoñecemento visual. Saltei.

Sem comentários: