Máis un outing para a colección
A miña compañeira de despacho, coa que levo unha relación cordial e trivial desde hai dous anos, tiña hoxe algún tipo de interese especial en falar de homosexualidade.
Supoño que a cousa se remonta a hai uns meses, cando Pedro, o peruano que colabora con ela nun proxecto de e-learnig, lle comentou que tiña un mozo, profesor universitario nunha universidade de Nova York. Polo visto, aínda que ela o coñece desde hai un fato de anos, nunca se parara a pensar no asunto afectivo. E eu créoo.
Hoxe, falando cunha compañeira de departamento sobre un catedrático vello, amargado e amargante, preguntoulle se ao fulano se lle coñecía moza ou mozo. A outra dixo que non nun ton revelador de que as intrigas sobre o asunto son vellas nestes corredores. Polo visto o fulano é un conservador recalcitrante, responsábel, entre outras lindezas, da elaboración dunhas listas de antigos membros do partido comunista da RDA para que as empresas que se ían instalando en Berlín despois da reunificación os excluísen das contratacións, ou algo así. Disque moita xente pensa que o seu carácter é debido á autocensura e represión acumuladas durante 60 anos. Supoño que tamén o podo crer, aínda que este razoamento xa me proe algo máis, sexa polo que for...
Despois entraron nunha bonita discusión sobre se se nota a simple vista ou non, que pluma si ou pluma non...; eu funlles aclarando un par de cuestións e a cousa foise quedando.
Pedro vaise mañá, dez días, a ver o mozo a NY. Dixo que no caso de encontrar algunha tradución estraña do Principiño, habíama traer.
Ester pensa que vai en Chemnitz, como voluntario para facer probas con medicamentos aínda non aprobados.
Á fin, todos temos segredos.

1 comentário:
E aclaraches conceptos como paciente ou como investigador neutral?
Enviar um comentário