27.10.04

ska-ska-ska-ska

Desde que cheguei a Berlín andaba intrigado pola pouca presenza do ska na cidade. Nin vía moitos concertos anunciados -e os que había eran de franceses (claro) ou italianos-, nin sabía de bares onde se puidese escoitar.
Tamén é verdade que nunca me puxen en serio a buscalo, que teño máis que facer, pero desde hai uns días teño a percepción de que a cidade está inzada da publicidade dun concerto de ska berlinés. En alemán, por fin.
Tiefenrausch gravou o seu primeiro disco o ano pasado, así que tendo en conta a miña empanada mental non está nada mal que os descubra agora. Será que a portada do disco que presentan agora parece máis de chill out ca de ska e por iso reparei nel. ;-)
Aquí está o flyer. O día 30 no Columbiahalle. Espero non perdelo.

Sem comentários: