15.2.07

endlich Weltstadt?


Ultimamente anda na boca de todo o mundo. Acaba de crearse a edición alemá de Vanity Fair e unha das cousas que conta é que Brad Pitt e Angelina Jolie, que xa visitaron Berlín varias veces nos últimos tempos, mercaron unha vivenda na cidade. Polo visto, o apartamento está en Mitte e ten 600 metros cadrados (!). Disque Angelina non quere criar os fillos en Hollywood, así que andamos todos especulando coa posibilidade de que prefira crialos aquí, agora que, grazas ao quecemento global, no inverno xa non estamos baixo cero. Iso si, seica a parella xa ten unha casa en París, así que aínda non sabemos se veñen para aquí ou para alá.

Sanisidro quéixase. Co barato que é isto, e teñen que vir estes a encarecernos a cidade...

Sem comentários: