29.3.07

komboloi





Atenas, ao contrario do que absolutamente todo o mundo comentaba, acaba sendo un lugar acolledor. Paréceme unha típica cidade do Mediterráneo, pero sen as partes nobres que teñen outras. É certo que aquí o tráfico acaba por invadilo todo, pero o contraste con Prusia fai que isto non me moleste tanto.




Aprendemos unhas poucas palabras en grego, e como a fonética é tan fácil para nós, quedámonos rápido con camareiros e dependentes. Un efgharistó por aquí, un paracaló por alá e xa nos están convidando a augardente branca. Para mellorar aínda máis a integración, cumpro unha das miñas ilusións: merco un comboloi.

1 comentário:

Cesare disse...

quen dixo que non era acolledora?

deus, estou morrendo de envexa. envexa sólida.