choqueiradas

Mamarrachas decrépitas: o retorno.
Con Loly.
Tal día coma hoxe nacín nun hospital da Cidade Xardín da Coruña. Hoxe fago trinta anos e chove. Metade do inferno vai fóra.
púxoo Plattdorf 9 comentario(s)
Este ano, en previsión de que hoxe nos caese o ceo enriba das cabezas, decicín adiantar a visita á praia. Onte estiven por alí e non é difícil adiviñar o que atopei.
E insisto: non son patacas.
púxoo Plattdorf 1 comentario(s)
púxoo Plattdorf 3 comentario(s)
púxoo Plattdorf 0 comentario(s)
púxoo Plattdorf 6 comentario(s)
púxoo Plattdorf 8 comentario(s)
(...) a ausência de tormentos passionais deixava, de facto, o campo livre ao tédio, à sensação de vazio e à espera angustiada da velhice e a morte.
púxoo Plattdorf 1 comentario(s)
púxoo Plattdorf 8 comentario(s)
púxoo Plattdorf 0 comentario(s)
púxoo Plattdorf 0 comentario(s)
Kaplan fíxome un encarguiño e, aínda que me custou un chisco, xa teño o choio feito. Vexamos, cinco manías?
1.- Non teño especial problema coas arañas, pero dáme moitísima grima que unha arañeira me toque a pel da cara ou do pescozo.
2.- Non me gusta a combinación de froita e chocolate. Calquera das dúas cousas por separado parécenme deliciosas, pero a súa combinación non.
3.- Desacóugame o luar que entra pola xanela dun cuarto ás escuras. Prefiro prender a luz ou correr as cortinas. En campo aberto, pola contra, tanto me ten.
4.- Cando me vou duchar sempre me descalzo de cóstas á bañeira e despois xiro sobre min mesmo, pisando as zapatillas, para entrar.
5.- Teño bastantes problemas con que me mordan os vacíos. O resto, con liberdade.
E aínda unha sexta:
Non aturo a Joaquín Sabina. Podo recoñecer na súa música toda a calidade que queiran, pero iso non impide que me resulte insoportábel. E nisto vou a peor; moito máis desde que teño que aguantar en Berlín a centos de españois que tratan de convencer a todo quisque de que Sabina é o centro do universo.
E pásolles o encargo a varios imposíbeis: Avioneta Malabarista, De Vigo a Ordes, Desde os Antípodas, Pelos e Cousas e Complexos Vitamínicos.
púxoo Plattdorf 4 comentario(s)
Que as había partidarias de seguir a tradición familiar e chamala Carme, esta vez Carmuchiña, ou Carmela para evitar as confusións
(...)
nin moito menos asomarse á casiña das de Pereiro, como as chamaban os veciños todos.
(...)
Do que atopou Einés cando visitou a arca do faiado
Libreta de labores de dona Carme de Pereiro
púxoo Plattdorf 5 comentario(s)
púxoo Plattdorf 8 comentario(s)
Onte, como non había vento e tivemos un día de sol ben bonito, fun dar unha volta para gozar dos -12ºC do mediodía. A sabedoría popular berlinesa di que a superficie dos lagos é resistente abondo para andar por ela despois de dúas noites de -10ºC. De todos os xeitos, un sabe con toda certeza se xa se pode camiñar por eles cando ve que hai outra xente facéndoo. Así que onte, despois de ver varios patinadores, decidín baixar.púxoo Plattdorf 7 comentario(s)
púxoo Plattdorf 0 comentario(s)
Chámame Prisciliana desde Marxdorf.
-Pódeste conectar a Internet agora mesmo? Están falando de nós na radio.
E si, efectivamente, aí estamos.
púxoo Plattdorf 5 comentario(s)