24.2.05

parabéns para min

Hoxe é a miña actualización á versión 2.9. Se Vieiros -de Rosalía non vou falar- vive hoxe o seu último aniversario dunha soa cifra, eu estou a un ano de entrar na nómina de maduros (non sei se interesantes) e hai uns días descubrín que xa son un home con canas no peito. Non aturo os meus aniversarios: o meu complexo de Peter Pan é tan antigo coma o meu acordo e aínda lembro as bágoas que me produciu chegar aos 10 anos, simplemente polo feito de ter unha idade con dous números. Non quero pensar no que acontecerá d'hoxe nun ano (e antes d'alá moitas veces).
Perto da miña casa, a cinco minutos andando, hai unha praia cun recanto moi abrigadiño do vento, onde se pode tomar o sol no inverno coa única condición de que o ceo estea ben despexado. É a praia da miña infancia, e para reencontrarme co Plattdorf dos dez anos, para consolarme un pouco das miñas desgrazas existenciais, para acelerar o proceso de avellentamento celular e para producir un chisco de vitamina D, hoxe puxen todas as canas ao sol durante un par de horas. Só, estritamente só.
A vida social vén agora.

8 comentários:

Cesare disse...

Non sei se vostede se recoñece nos posts.
Pero arrediós se non hai cambio entre o Plattdorf de hai seis meses a este.

alicate disse...

Bueeeeeno, non se amole por chegar aos dez x tres, eu asegúrolle que poderá seguir sendo tanto ou máis pavero que antes.

Ou parvo.

Dou faith.

María disse...

Pois que ben que cumpriches o 24, porque se chega a ser o 25, coa que está caendo hoxe, nin praia nin plattdorf de 10 anos nin vitamina D nin post tan sentido. Moitos parabéns.

Está vostede coma de quince, míster blogmillo. ;-)

Anónimo disse...

e mire que aínda me vai facer ilusión verlle aparecer as canas nalgún sitio ;)
(m)alicia

Boss disse...

Parabéns ;)

Plattdorf disse...

Glups, pois aínda ben que me dan vostedes este toque de atención, porque me acabo de reler e efectivamente dou peniña. É o que teñen os aniversarios.

Tomo nota e mudo o rumbo. ;-)

Cesare disse...

Non mude, non

Cesare disse...

Ou mude, vaia