chez Fuegho
Fuegho vive mesmo á beira du Canal de St. Martin, nun edificio en que Madame da Silva, a concièrge portuguesa, controla todos os movementos desde o seu cuarto na entrada da cour. Xusto ao lado está Antoine et Lili, unha tenda/cafetaría que fai a delicia de calquera adito ás viaxes psicodélicas.
Como Fuegho está traballando recíbeme a súa compañeira Lola, unha murciana doutora en filoloxía clásica que viaxa case todas as fins de semana a Alemaña para ver o mozo. Rímonos un pouco e despois ela vai traballar. Teño toda a tarde para min, así que acabo de decidir que os meus pasos se encamiñen ao museo de Orsay.
Ou sucumbirei como bo gai de provincias e acabarei no Marais, coma sempre?
1 comentário:
eu nunca fun ao marais, pode crer?
de todos os xeitos, podendo escoller... quizais hai arrondisements máis interesantes... :)
Enviar um comentário