16.2.05

la beauté du capitalisme

Un visitante díxome unha vez, tras visitar Berlín: que feo era o comunismo! Non pretendo en absoluto ridiculizar a sentenza; hoxe en día, Berlín combina a súa fealdade espartana cun capitalismo e un consumismo desaforados. Nisto último coincide con París.

Pero claro, non se pode comparar a Rue de Rivoli coa renovada Friedrichstraße, nin os Champs-Élysées co Kurfürstendamm. En París o capitalismo séguenos tomando o pelo, tanto ou máis ca en Berlín, pero é todo tan charmant que a pouco que un se despiste xa queda engaiolado polos cantos de serea do mundo occidental. En Berlín, a tomadura de pelo é moito máis burda, máis groseira, e iso axuda a ser máis consciente dela.

Por se fose pouco, desde hai un tempo, durante os primeiros cinco minutos de cada hora a torre Eiffel cóbrese de luces escintilantes que fan o efecto dun manto de diamantes sobre a estrutura metálica. Precioso. Dan ganas alternativamente de ir á Place Vendôme e deixalo todo en Bvlgari ou poñerlle lume ao Hôtel de Ville en protesta polo estrago enerxético.

A visión da Fernsehturm a min ultimamente só me dá ganas de ir para a casa e tomar un colacao quente.

2 comentários:

Anónimo disse...

Son seguidora de teu blog desde fai tempo, engancheime tanto que acabei por facer un, visitao cando queiras. Bikoliños
Cris
http://cristininha.blogspot.com/

Plattdorf disse...

E esa foto que ten no blog é a súa?
:-))