24.11.06

cónsules de roma, 3

Ahá, así que gallego, no...?
Pues mira, yo trabajo en la Embajada y recibo consultas de estudiantes alemanes sobre la posibilidad de estudiar en España, así que lo del gallego no me interesa, lo que me interesa es que me expliques cuál es la situación del español en las universidades gallegas. Porque con esto de la galleguización ya me dirás qué les digo a los estudiantes que piensan en ir a España, ¿que no se habla español?


Concentrarse na respiración diafragmática. Inspirar, espirar, inspirar, espirar... E dientes, dientes, que es lo que les jode.

como lousa un dance-floor

Pódoo dicir sen temor a me enganar: nunca na vida traballei tanto. E a verdade é que a combinación de mileurismo, voluntarismo e horarios presocialistas é unha cousa que queima a grande velocidade.

En definitiva, supoño que a miña discoteca me necesita. Pero espero que polo de agora non acabe comigo...

13.11.06

andamos curtos

Onte acabou o Interfilm 2006, o festival de curtametraxes. Dado o ritmo de traballo que levo, ao final só fun a unha sesión dedicada ao Brasil, basicamente porque coñezo o fotógrafo dunha das curtas. A mellor pareceume Palíndromo, un exercicio moi logrado de narración inversa, pero realmente coa que quedo eu é con Tyger:


Por certo, que os bascos xogaron bastante forte, con dúas mencións especiais na competición internacional. História Trágica com Final Feliz, unha coprodución luso-franco-canadense de Regina Pessoa, levou o premio á mellor animación. Producións catalás tamén había varias.

Dos galegos, até onde eu sei, nin rastro.

9.11.06

moito avanza este mundo, ché


Pronto Condoms, the best way to get it on!

7.11.06

controlando

Un pouco de animación para superar esta mañá, por favor.

THE GOSSIP: Standing in the way of control



E o batería..., que o rifen!

6.11.06

independencia e techno dance

Venres pasado. Unha manda de portugueses e aspirantes organizan un magosto nun típico restaurante de emigrantes. Polo sotaque os donos do local son do Alto Minho, pero nun reflexo indescritibelmente familiar para min, o nome do seu restaurante fai referencia ao Algarve, case coma os galegos que montan restaurantes andaluzados, ou incluso outros portugueses que montan negocios españolados.

No medio dos coñecidos, aparece un descoñecido, chamareille Ludwig, que me é presentado. Acabado de chegar de Lisboa e con intencións de ficar un tempiño, comeza por me preguntar se escribo o galego "à espanhola ou à portuguesa". Claro, semellante coñecemento e semellante implicación só me fan interesarme máis. Continúa explicándolles aos demais que en Lisboa coñeceu moitos galegos independentistas, que levan casacos coa bandeira e unha estrela vermella, que queren montar un república galega e socialista, que en Galiza son moitísimos... En principio a cousa queda por aí.

Por outro lado hai un madrileño enrolado cunha alemá que fala portugués. O madrileño tamén lle dá bastante ben ao luso e unhas horas despois mantemos unha animada conversa en que me fala dos galegos independentistas que coñeceu cando viviu en Lisboa, das conversas de horas que mantivo con eles, dos consensos e desacordos a que chegaron...

A esas alturas xa estou francamente intrigado. E de repente, o madrileño solta un pequeno dato e teño unha revelación: "non falarías con Fulano?", dígolle. A súa cara ilumínase e si, efectivamente, os dous falamos da mesma persoa. Entón vírome para Ludwig, que a esa hora atende outras conversas, e pregúntolle "olha, tu não conhecerias em Lisboa o Fulano?". Outra cara iluminada. Polo visto, Ludwig ten pensado ir a Santiago para visitalo en breve.

Ao final non era que houbese centos de independentistas refuxiados en Lisboa. É que os que van non teñen paraxe. Non? ;-)

Por certo, que non sabía que tiñamos tanto en común.

Richtung Süd

Hai dúas fins de semana, collín outra vez un tren de alta velocidade (desta vez, xa na nova estación central) e dirixinme ao sur. Horas despois, minutos antes de pasar por Frankfurt, durante un segundos o restaurante "Ría de Vigo" volveu aparecer na beira da vía, nalgún lugar do estado de Hessen que non sabía situar. Levo anos vendo ese restaurante ao pasar sen saber situalo no mapa. Pero agora estou case seguro. Ten que ser este.

Lura


Hai dúas semanas, mesmo no aniversario de Merry John, fun a un concerto xenial. Xa a coñecía alguén e non me dixera nada? Cesária..., si, tamén andaba por alí, pero máis subida á parra ca nunca. Haberá quen diga que a idade e a condición llo permiten, pero...

Na ri na, por Lura.


Houbo momentos do concerto que me trouxeron moitas lembranzas de Burela...