6.11.06

Richtung Süd

Hai dúas fins de semana, collín outra vez un tren de alta velocidade (desta vez, xa na nova estación central) e dirixinme ao sur. Horas despois, minutos antes de pasar por Frankfurt, durante un segundos o restaurante "Ría de Vigo" volveu aparecer na beira da vía, nalgún lugar do estado de Hessen que non sabía situar. Levo anos vendo ese restaurante ao pasar sen saber situalo no mapa. Pero agora estou case seguro. Ten que ser este.

2 comentários:

Sintagma in Blue disse...

Unha imaxe coma unha madalena de Proust.

bicos

Plattdorf disse...

Algo diso ten, si.