10.2.05

jein!


...o sei.
Hai unha semana que me chegaron os papeis para votar no referéndum da Constitución Europea. Vivir no exilio dáche o privilexio de ver as papeletas antes ca ninguén, pero tamén che impón antes ca a ninguén a presión de tomar unha decisión definitiva. Este é o primeiro referendo en que teño dereito a votar e aínda non sei que faga.

-Se respondo á pregunta concreta da papeleta: non.
-Se teño en conta que vivimos nun mundo de símbolos e penso en como vai ser interpretado o voto negativo no resto do continente: si.
-Se me rebelo contra as interpretacións simplistas, bipolares, contra o pensamento maniqueo que tanto resultado lle deu/dá ao aznarismo/bushismo: non!!
-Se considero a miña vontade de que o proceso de integración europea se acelere e os Estados perdan peso específico canto antes: si!!!
-E aínda non topei boas razóns para o voto en branco.

Doulle voltas día e noite, e discuto con todo o mundo: a miña compañeira de oficina convenceume a semana pasada do SI nun momento en que eu estaba claramente de NON. O visitante que recibimos esta semana no traballo, que xa se foi hoxe á mañá, deume onte algunhas novas razóns para o NON. Mañá lisco a París e quizais saia tamén o tema con Fuegho e The Sobrados: supoño que The Sobrado seguirá a disciplina de partido, pero das tendencias ácratas -ou algo- das outras dúas espero bastante indiferencia.

2 comentários:

Plattdorf disse...

Hmm. A min, pola contra, acábame o tempo. O día 13 é o último día para votar na embaixada: como mañá vou para París xa non podo votar así. A outra opción é votar por correo certificado a semana que vén. Pero non o podo deixar moito tempo máis.
?

Cesare disse...

Xa coñece a miña idea: si. Creo que hai dous tipos de avaliacións, unha ideoloxico-textual e outra táctica.
A ideoloxico-textual é sobre a avaliación do propio Tratado, que eu, que non estou a prol da estatalización da economía e que estou bastante satisfeito coa carta de dereitos e liberdades, coas vías que se abren para unha política exterior común, e que ademais creo que a máis europa menos españa, defendo.
A táctica é saber se a aprobación ou rexeitamento irá a prol ou en contra da construción europea, e de se ese 'non' vai ser lido como 'queremos unha europa máis wai' ou 'non queremos europa'. E por aí eu tamén votaría si.
Pero estou moi feliz coa campaña tan elegante e xenial que está facendo o bi-en-lli. Parece que novos tempos están chegando. Claro que cando lles preguntas aos militantes...