21.2.05

found II

Do pouco que vin sálvase:

-Unha sesión de 140 minutos de curtamentraxes. Entramos ás 23:30 e saímos perto das catro da mañá. Especialmente recomendábeis, por unhas razóns ou por outras: What I'm looking for, de Shelly Silver; Vent, de Erik van Schaaik, Rain is falling, de Holger Ernst; Gigolo, de Bastian Schweitzer; Who do you love, de Jim McRoberts; Tama tu, de Taika Waititi; e Bikini, de Larse Persson.

-One day in Europe. Prefiro Berlin is in Germany, a verdade. Pero gustoume, de todos os xeitos, e ten momentos moi bos, como Tosar en Moscova berrándolle "Nunca Máis" ao policía ruso: grandes risas e aplausos entre o público, malia que eles tiñan que ler os subtítulos en alemán do que Tosar berraba en galego a toda velocidade. Lamentabelmente, de todas as historias que conta a que menos me convence é a de Santiago de Compostela. A mellor, Istambul. Na historia de Berlín estiven atento ás escenas en que puiden saír de extra: non hai. Polo que se ve nas imaxes dos títulos do comezo, os seareiros do Deportivo rodaron unha escena nun barco polo Spree, pero iso non está incluído no filme en si, así que fixen ben en non ficar en agosto en Berlín para rodar con Stöhr. Estiven ben atento aos títulos do final, por ver se aparecía o turco espectacular que contactou comigo cando o da rodaxe. Topeino: İlker Çatak.

3 comentários:

Cesare disse...

meu deus, pero vostede ten o correo...
e non ten foto?

vai ser chufla.

Cesare disse...

Toulouse, se hai que ir de catro vaise

Plattdorf disse...

Eu dou a todo: de tres, de catro, e se hai que pasar tamén se pasa.
Os beurs nin me ven e o turco convidoume a un xaruto que, naturalmente, non fumei. A miña vida social é francamente limitada pola miña autoexclusión do mundo dos fumes. Que lle hei facer?
Pero xuro que é todo certo.