7.2.05

sábado de Entroido Schnappi

Á última hora, cando xa asumira que este ano nada de Entroido, nesta Prusia protestante e industrializada, recibo un convite para unha festa de disfraces. Non tiña nada para me disfrazar, pero a solución estaba no armario. Levo anos comprando roupa que só podo poñer cando teño etapas de autoestima alta. Ben combinada pode estar ben, pero como se queira usar mal, teño roupa para o Entroido das próximas tres xeracións.

Así que usei a miña roupa o pior que puiden, pintei a cara coma unha porta e alá fomos, a Sonnenallee. Chegar, cheguei á festa ás tres da mañá, despois de longas esperas con temperaturas siberianas nas paradas do transporte público.

Un chileno explícame o conflito Sudamérica vs. Chile usando exclusivamente a xiria xuvenil do país: chucha, güevón, eso de la guerra con Bolivia fue una güevá que pasó hase sien años, y ahorita los güevoneh de los arkhentinoh noh cortan la enerkhía, los güevoneh!

Tamén anda Ricardo, un angolano que atopo regularmente en festas por aí adiante. Pregúntolle polo seu tratamento: hai anos tivo un accidente e perdeu a audición. Agora leva aquí dous ou tres anos cunha terapia para recuperar o ouvido. Falamos portugués devagariño, de frente, e co seu acento africano vaime contando como lle vai a vida. Quere voltar a Luanda, pero aínda lle restan dous anos en Berlín. O sorriso non llo tira ninguén da boca e a esperanza nunca o abandona.

Un rapaciño alemán ouve que lle digo Schätzchen (tesouriño) a Maria João e vénme corrixir a pronuncia: non, así non o podes dicir, que soa moi bruto. Ten que ser máis dondiño, tes que arredondar máis os beizos: Schätzchen, así, ves? E dáme unhas aulas prácticas de fonética.

Tres horas despois de eu chegar, a festa vai a menos. Os resistentes decidimos que aquilo non pode acabar así. E pensamos en continuar no lugar máis próximo, máis ca nada por non botar tres horas a nonseicantos baixo cero. Botamos contas: o máis próximo é Die Busche, a discoteca gai máis petarda, máis calorra e máis adolescente da cidade, onde Schnappi é o rei.

O lugar do crime, nunha palabra.

2 comentários:

toulouse is not pink disse...

aquí nin entroido nin leches: todo tirando a aburrido (excepto polo concerto de Nosfell -véxase blog- do que próximamente enviarei fotos). unha festa o venres á que faltou a persoa que me podería alegrar o día. merda, e eu que xa comenzara a beber ben tempraniño para ir collendo forma e ter os güevos para entrarlle. nada, entre que é hetero (outra!) e que non ven as festas porque vai esquíar, terei que acabar por convencerme que non lle hai nada que facer.

terei que irme a berlin a ver se me levas a unha desas festas de disfraces, ou.

Plattdorf disse...

Xa sabe que a miña casa é súa, querida. :-)