lost
Á Berlinale non vai quen quere. Vai quen vale. Para ver os filmes que queres tes que funcionar como un alemán dos tópicos -que non dos trópicos-: estar atento ao momento en que sae a programación completa, dedicarlle o día a seleccionar títulos e horas e poñerse inmediatamente a mercar entradas coma un tolo por Internet, tendo en conta a coordinación cos amigos. En definitiva, un stress.
Para casos coma min, que lisquei a París a primeira fin de semana do festival e non collín o programa en papel até a volta, é a dinámica do festival a que impón os filme que ves, porque a demanda de entradas é tan alta e as filas tan longas que non che queda máis remedio que ir apañando o que che cae nas mans.
Nunca me mantivera tan á marxe do festival, e grazas a iso este ano perdín varias cousas que tería visto de bo grao:
-a estrea de "One day in Europe", supoño que coa presenza de Tosar e Miguel de Lira.
-"Para que no me olvides", de Patricia Ferreira, sobre todo despois de que meus pais me chamasen preguntando se a fora ver e me lembrasen que a estiveran rodando alí ao lado da miña casa, con veciños meus de extras. Paréceme que se estrea en Galiza estes días, a ver se aproveito.
-"Les temps qui changent", de André Téchiné.
-"Brasileirinho", de Mika Kaurismäki.
-"Pier Paolo Pasolini e la ragione di un sogno", de Laura Betti.
-"Sophie Scholl - Die letzten Tage", despois de ter que facer unha exposición sobre o irmán da Scholl no meu curso de alemán.
-"Inside Deep Throat", como di o outro, por puras razóns antropolóxicas.
-"Gender X", pola mesma.
E tantas outras das que non cheguei a saber nada.
2 comentários:
"Para que non me esquezas", que se estrea en versións en galego na Galiza, como dirían os da amí.
"Para que no me olvides", se non lle importa, que así é como aparecía na Berlinale.
Vanme ter que desculpar, pero é que ultimamente ando un pouco a pau seco e aféctame bastante o "problema vasco"...
;-)
Enviar um comentário