por unha presa de euros
Andan anunciando agora unha promoción de numismática: un set de moedas de euro portuguesas por dez euros. Consiga as moedas máis fermosas da Unión, que apenas chegan a Alemaña. Sexa o primeiro en telas. Fágase con este conxunto de moedas portuguesas só por dez euros.
Se tiñan vostedes intención de se facer ricos, xa saben o segredo do éxito. Todo é poñerse.
3 comentários:
Ten o negocio ao seu alcance, Boss, é só comezar a mexerse. :-))
...eu xa perdín a conta das que teño enviado para aló, e o secreto para facerse rico é non enviarllas aos amigos ;-)
Eu tamén me levo dedicando ao tráfico de euros desde que vivo aquí, pero vese que o meu espirito comercial é nulo. Máis que gañar, aínda perdo cartos...
Enviar um comentário