2.2.05

novidades?

Chámame Prisciliana para contarme as últimas novidades dese microcosmos que foi creando na súa vila, Marxdorf. Salvo drogas e rock&roll, hai de todo.

Permanezan atentos. Co seu pasado de escritora afamada (non sei se tamén famélica) e coa axitadísima vida que leva, talvez debamos esperar nas próximas semanas a aparición dun novo blog galaicoxermánico (pero non por iso suevo).

Proximamente nos seus ecráns.

4 comentários:

choios enríquez disse...

Siiii, que guai, que guai, queremos o blo de prisciliana xa. :)

A Toulouse: Busque "The Hustle" de Van McCoy no seu p2p habitual. Temazo, báilase soa.

Cesare disse...

Mmmmm
Estou desexando que apareza ese blo para comentarlle algúns aspectos sobre o abandono de espremedores. ;)

Anónimo disse...

xa me tarda.
e tamén un blog de abandonos/esquecementos: de discos, de camisetas, de espremedores, de suevos...
(m)alicia

Plattdorf disse...

Querida Toulouse is not pink: teño o que necesita. De feito, teño un CD con catro horas de emepetreses do que necesita.

Como o quere? Frito ou en tortilla?