Andee Silver comendo nos roxós
Hoxe, gran roxoada familiar para celebrar diversos aniversarios. Traio o portátil para o comedor, póñolles Miña Terra como grande curiosidade inaudita e, para bater nos fuciños da miña ignorancia, miña nai ponse a cantala á par de Andee Silver, meu pai di que se lembra perfectamente da canción e o home da miña curmá afirma que Andee foi unha moza que botara Juan Pardo e que, no seu día, La Voz publicara algunhas cousas sobre o asunto. Todo será porse á procura nas hemerotecas. Ou preguntarlle a Juan Pardo, digo eu.
Teño na casa unha mina de memoria pop galega e non lle tiro partido ningún. Sempre me sentín fatal por non ter avoas pandeireteiras nin tías bailadoras e suplín a carencia bailando muiñeiras desde os tres aos vintecinco anos. Pero nunca lle dei demasiada importancia ao trato que tiñan meus pais e os meus veciños con Pucho Boedo nin á memoria de miña nai para as historias de Andrés do Barro, que formou parte da miña banda sonora infantil. Mea culpa.

4 comentários:
Non, se rascando un pouco imos todos construíndo a memoria pop deste país. Albízaras, que diría Cesare.
Os nosos pais mandáronnos a danzas e panderetas talvez por reparar esa desconexión cultural que tiñan cos seus vellos. A mesma que temos agora nós cos nosos, que nos interesa máis a música dos nosos bisavós que a dos nosos pais. Algúns tamén a intentamos reparar e abandonamos a gallegada por pura rebeldía familiar. Só resta saber qué lles dará por recuperar aos nosos fillos.
En todo caso, e como xa adiviñarías, encantoume ler este post.
E polo pouco que contas, tamén me encanta a familia Plattdorf, así en xeral. :)
Oi si, é que son riquiños, riquiños. ;-D
Pois xa sabe vostede, se precisa unha mai biolóxica para os seus fillos, estarei encantada de perpetuar a raza. E de pasarme de cando en vez a comer os roxós. ;)
Arrea! Avise cando vaia soltar unha destas, muller, que me deixa teso.
En calquera caso, tómolle a palabra, eh?
Dos roxós heille levar a proba cando queira.
Enviar um comentário