1.2.05

visitantes

Domingo á noite, mentres facía tarefas domésticas ineludíbeis, farteime de escoitar alemán (acontece cada tres ou catro semanas) e púxenme a escoitar a BBC internacional. O único tema eran as eleccións en Iraq. Teño que recoñecer que aprendín cousas que até agora non sabía nin tivera interese en buscar. Pero de todos os xeitos, durante a maior parte do tempo, a desfachatez triunfalista sen matices dos xornalistas, que describían o ambiente de "festa da democracia" das rúas de Bagdad -e que apoiaban o seu entusiasmo redentor entrevistando cidadáns iraquís de grande solvencia anglófona- facíame pensar que aquilo era talmente coma un informativo dos lagartos de V.

4 comentários:

toulouse is not pink disse...

e se os de V comian ratos coma tapas e persoas coma prato forte... a cuestion que se prantexa e: que comen os da BBC?

Plattdorf disse...

:D

Anónimo disse...

Fascinante a páxina de V, vaia recordos da miña infancia. Recordo mercar a "teleindiscreta" para ter tódalas pegatas da serie, era a miña favorita. Gracias polo enlace

Anónimo disse...

O anonimus anterior son eu: Revelde. Sempre me esquezo de poñer o nome, jeje.