8.3.05

fantasporto

Fin de semana. En plena resaca de cava, decido adiar as decisións importantes e lisco con Cesare ao Porto para coñecer o Boss e ver algún filme do Fantasporto. Resultado: Boss sabe usar unha fina ironía que lle acrecenta unha nova dimensión ao rapaz serio e sisudo das Renas; fico impresionado. Vemos dous filmes, reencóntrome co Benjamim, divírtome coas babas de Cesare perante o amigo canario de Benjamim, descubrimos locais espectaculares da cidade, asollámonos un pouco na Ribeira, asisto no Baile dos Vampiros a un dos mellores concertos dos meus últimos tempos e á estrea portuguesa de Ricardo Villalobos. Polo medio, algún dos vampiros da cidade muda o seu latrocinio habitual, entra en Lola e lévanos case todo o que tiñamos alí. Pola miña parte sálvanse O Principezinho, o primeiro compilatorio de Matinée, o demo dos tólares -mala mar os traghe- e, fortuna entre as fortunas, a bolsiña de papel coas hastes rénicas. A Cesare déixanlle as cadeas para a neve.
Desolación matutina na comisaría de Cedofeita.

3 comentários:

Plattdorf disse...

:-D
Dos tólares salváronse as notas que ficaran dentro do Principezinho. As moedas estaban na miña mochila e desapareceron, claro.

O que hai que facer cos pobres eslovenos é avisalos de que teñen o demo metido na casa. Que se pasen ao euro canto antes!

Cesare disse...

Numa numa iei

Plattdorf disse...

always