28.3.05

cacaosombra

Davichini é, á parte do meu amigo, o meu ídolo e o inventor do cacaosombra. Malia sermos veciños e estar no mesmo instituto, funo coñecer cando tiñamos 17 anos nunha excursión a Praga. Desde entón, fomos tecendo unha amizade que nos levou a compartir moi boa parte das nosas horas de ocio durante anos e anos. No verán, horas e horas de acampada entre o Caurel, a praia do Lago e o Monte Aloia. No inverno, horas e horas de manises e porrón no Priorato e miles de horas e horas de baile en Oh! Coruña. E por suposto, horas e horas de safaris de sábado noite a todos os glamurosos e remotos clubs que estaban ao noso alcance: LP45, Pazos, Dudas foron os primeiros obxectivos dun radio de acción que despois xa se foi estendendo máis e máis, sempre a bordo do seu inefábel vehículo, o Voyager 5, que nos daba tantas alegrías coma disgustos.

Xuntos vivimos uns días nunha vila perdida do sur de Italia entre mammas e nonnas que nos fartaban a pasta da casa e decidimos que tiñamos que quedar a vivir en Positano. Xuntos fixeramos plans de liscar para Londres ao acabar coa Universidade e vivir alí entre a coca que lles regalan os xefes aos empregados dos hoteis e as pirulas de Ministry of Sound. Pero as cousas acabáronse torcendo: a min laváronme a cabeza nunha facultade e acabeime convertendo nun pureta berlinés, mentres el foi a unha facultade que -nas súas palabras- parecía un instituto e segue, milagrosamente, exactamente igual ca antes; se cadra un pouco menos esquelético grazas a todos estes anos de ximnasio. Aínda non sei se atribuírlle este caso de aparencia física adolescente a puras causas xenéticas ou se haberá que considerar a posibilidade do pauto co demo. Cos seus 1'80 cm., aos 25 anos aínda lle pedían o carné... Os meus amigos que o coñecen tenden a alucinar co guai que é, e algunhas amigas xa teñen alucinado en xeral.

Pero non só por todo isto é o meu ídolo. A súa versatilidade laboral non ten parangón. Só neste ano, polo que eu sei, xa traballou de xardineiro, monitor de actividades deportivas extraescolares, monitor dun comedor escolar, colocando carteis de prezos nos Lidl de Mallorca, poñendo copas pola Costa da Morte, de porteiro de discoteca e de azafato na exposición de dinosauros do Parrote.

Como carallo non vai ser o meu ídolo?

19 comentários:

María disse...

Non viches este momento Ministry of A Vieira?

Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...

Empezarei poñendo que nunca utilizo o galego, asi que disculpome de anteman por todalas faltas ou barbaridades que poda poñer.
Dito isto empezarei por dicir que xa sexa por atrocidades miñas, diversos problemas, conflictos conmigo mesmo ou simplemente pola idade, tiven un comportamento moi infantil cunha persoa a cal nin se quera coñezo mais que por oir falar del miles de cousas boas de diversas bocas. Xa sei que unha persoa de miña idade non pode falar de comportamentos infantis, xa que mesmo pola idade inda e infantil, pero sen ter iso en conta, tamen utilizo as veces esa parte do cerebro onde gardo a razon e doume de conta que miña forma de actuar non e a correcta e como e de esperar, tento rectificar a miña pesima actuacion pedindo desculpas. Tamen aproveito o momento para dicir k se esa invitacion de cafe para coñecerme segue en pe, estou disposto a tomalo, xa sei que non dispos de moito tempo, pero se me concedes ese favor al menos para non sentirme tan tonto...
Bueno, ademais tamen aproveito para decirlle a Cerolo ou non sei que nome usa, que non se coma o tarro por con quen esta saindo ou deixa de sair Revelde, xa que e unha tonteria que vaille dar o mesmo.
Escrito isto, volvo pedir desculpas polo meu pesimo galego.

Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ken Lle Interesa Xa O Sabe disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
o de antes... disse...

Perdon, dinlle sen querer mais dunha vez... :S jups

Plattdorf disse...

Home, se insistes tantas veces, haberá que tomar ese café. ;-)
:-D

Cesare disse...

bueno-bueno-bueno.
Faláranme deste comment, pero non agardaba tanto... Ei, plattdorf, ten que comentarme moitas cousas. Pero moitas.
E eu, que creo que son o tal cerolo, non é que teña especial interese en saber quen é vostede (ken lle interesa): son os demais os que teñen especial interese en que todo sexa secretiiiiiiiiisimo. E uf. Reuf. Non podo cos segredos.
Dito isto, supoño que non deixará a patiña por baixo da porta, verdade?

Plattdorf disse...

Malditos okupas...

Ah, María, claro que vin ese momento. De feito foi o inspirador deste post. :-))

Anónimo disse...

Gracias polo comentario meu neno, sei o moito que che custa dar este paso e á ilusion que me fai a min ler esas palabras. Cesare non é secretismo senon intimidade, e un pouco de carallada tamén. Revelde

Plattdorf disse...

Isto estase a converter na casa de tócame Roque...

María disse...

Eu non o dicía polo momento chupón senón polo momento pirulas... agardo que non fosen elas as que inspiraron este post. ;)

Sabese ben disse...

Quedei pensando antes de sair e quero aclarar por si o comentario de revelde poida dar a pensalo que se agora decidome a tomar ese cafe non e por el, osease, en parte si que e por el pero refirome a que non e por facerlle feliz o por que me insistise, se non por que as veces (que son poucas) penso e recapacito e doume conta dos meus erros, pero que non sirva de precedente xa que iso non quere dicir que vaia cambiala miña forma de ser terca. ISO NUNCA!!! hahaha. Quedache moito por aguantarme Revelde...
(Repito por trigesima vez, perdon polas faltas).