the place to be
Aínda non puidera ir desde que o abriron hai uns meses. Berghain é o club sucesor de Ostgut. Como o antecesor, está nunhas antigas instalacións industriais da zona de Ostbahnhof, pero en vez de estar nunha nave, coma antes, trasladouse a un edificio enorme que estivera dedicado a transformador de electricidade.
Varios andares, varios ambientes, conserva -coma todo club berlinés in que se prece- todo o aspecto cutre de instalación industrial, coas paredes de formigón visto, escaleiras metálicas exentas no medio de vans enormes entre os andares, lounges de sofás de formigón -feitos de obra- e vidros de cores nas poucas xanelas exteriores, que crean un ambiente irreal coa chegada do amañecer, a estas alturas do ano ás tres e media da mañá. Con este cutrerío industrial contrasta -ou máis ben non- o mural espectacular que ocupa a parede xigantesca do vestíbulo.
Á parte dos espazos máis grandes, onde a xente baila sen parar, hai moitos esconderixos entre antigos transformadores, medias paredes e redes metálicas. Tamén un par de cuartos escuros mixtos que me proporcionaron a miña primeira vez nun cuarto escuro con heteros.
Baixando do Panorama Bar á pista grande, desde as escaleiras a perspectiva é impactante. Catro metros máis abaixo centos de homes sen camiseta, cabezas rapadas suorosas, luces estroboscópicas, fume, mamilos perforados por piercings, pectorais inchados de esteroides.
De todo isto non hai testemuños gráficos. Está absolutamente prohibido facer fotos no local.

2 comentários:
Non quero entrar en profundas reflexións teóricas sobre "ser" hetero e "estar" hetero. Alí o que había era un home pinando cunha muller.
E eu o que quería dicir no post é que foi a primeira vez que entrei nun cuarto escuro onde houbese heteros. Pero a miña experiencia con eles non pasou de velos por alí.
Ademais creo que non eran moi receptivos a máis experiencias. Polo menos iso é o que daba a entender o fulano cos seus "lass mich in Ruhe!" (déixame en paz!) cando un negro lle comezou a tocar o cu mentres pinaban.
Máis dúbidas, preguntas?
:-P
:-D
Non molesta, home, non molesta.
:-)
Enviar um comentário