26.6.05

pasou o día

Das 12:00 ás 17:00, marcha oficial do orgullo polas rúas máis turísticas da cidade, carrozas montadas en trailers, músculos, depilacións, bronceados, house a todo dar, 300.000 persoas e marcas comerciais meténdosenos polos ollos. Os rapaces de Nivea Man, coma o ano pasado, repartiron mostras de produtos suficientes coma para que non teñamos que gastar en cosméticos até dentro de moito tempo. Final ao pé da Siegassäule, no medio e medio de Tiergarten, con alocución do alcalde -tamén gai- e concertos.

Das 18:00 ás 21:00, marcha alternativa en Kreuzberg. Traxecto polos barrios turcos, entre Hermanplatz e a Oranienstr., unha furgalla coas portas abertas e un par de bafles abrindo a manifa, rastas, cristas e zapatóns. Concerto final nun pequeno palco con drags supertrash. Discursos sisudos e enormes.

Das 00:00 en adiante, Berghain.

Todo o día: colección internacional de beixos.

Sem comentários: