14.6.05

Era de M.CC.LX.VI.


Se algũũ omẽ disser a seu viçiño máá paraula, ‘traedor’, ou ‘servo’ ou ‘fududincul’ ou ‘cegúú sabido’...

Será posíbel que xa daquela se estivesen preparando para a incontinencia verbal do Presidente (porla gratia de Deus)?

8 comentários:

Cesare disse...

Vaia, vaia...
Moi ocorrente, sim. :)
Numa numa iei

Cesare disse...

Por certo, iso de fududincul.. e o de ceguu?

Plattdorf disse...

Hmmm? E a min que me pregunta? :-P

En calquera caso, "fududincul" a min paréceme bastante transparente, non?: fodudo no cu > fodido no cu, ou sexa, en romanzo ibérico central, que é o que mellor se lle dá a Don Manuel: maricón.

Plattdorf disse...

Deberiamos adaptar e adoptar iso de "fududincul" para o movemento gai actual. Por exemplo:

"FUDUDINCUL POWER!"

ou en Internet

"Yahoo Bate-papo>Adultos>Sexo fududincul"

ou un título do tipo

"Conacheiros na historia. Unha antoloxía de ensaios fududincuis"

En definitiva, o Foro do Bo Burgo de Caldelas é un documento de enorme actualidade.

Plattdorf disse...

Ah, e falando disto lembreime do que vai ser o próximo éxito comercial de Alejandro Sanz. Confirmado:

Chamáchesme conacheiro;
heite de mandar prender:
cando me viches na feira
con conachas a vender?

m)alicia disse...

a ver, agora unha con 'putañeiro'. churrascarraschás, churrascarraschás...

Cesare disse...

A ver, a min tamén me levaba a idea a fodido polo cu, pero pra iso non lle consultaba a un que se vai de filólogo... como explica a caída do u final e o mantemento do l? se esa palabra evolucionase, como sería en galego moderno?

e de ceguu non me di nada... vaia... e pra iso querían un plan novo...

Plattdorf disse...

caída de non sei o que, mantemento de non sei canto...
Así que son eu o que se vai de filólogo?

(fódase, churri)

:-)