2.6.05

la cuaaaarta paaaaarte

Hoxe a mediodía recibín un correo electrónico.

Un ten un problema cunha administración pública durante meses e meses, cando está farto fala cun xornalista por ver de publicar o asunto nos medios e ao pouco tempo ten unha comunicación da Administración anunciando a solución do problema. Se a cousa é en campaña electoral, a comunicación da Administración chega ao día seguinte, e se falamos do goberno de certa comunidade autónoma e do xornal de maior difusión nesa comunidade, entón a solución ao problema é inmediata.

Temos unha prensa que serve como cuarto poder, si. Pero serve tamén para informar? Ilústrenme, fagan o favor.

1 comentário:

Plattdorf disse...

E xa sei que todo soa a teoría da conspiración, pero é que cada día acredito máis, síntoo.