10.6.05

o valor do teu voto

Hai unha semana que me chegou a documentación electoral. O día que a encontrei na caixa do correo, coa emoción, tiven o impulso de ir inmediatamente á oficina postal para mandar o meu voto. Subín á casa, abrín todo, busquei a papeleta e...

Casualidade ou non, a papeleta do partido por quen pensara votar, só esa e ningunha outra, tiña un pequeno buratiño e mais un trazo de tinta. No primeiro momento non lle dei importancia, pero aos cinco segundos xa tiña claro que esa papeleta non servía: ía ser un voto nulo. Púxenme frenético, agora que fago? Vou ter que votar aínda máis útil?
Pero nada, unha chamada a (m)alicia para descargar tensión e outra á miña familia para que me buscasen a solución, e dous correos electrónicos máis tarde souben que todo estaba encamiñado.

Onte cheguei á casa e tiña un aviso dunha compañía de mensaxería urxente, dicindo que me viñeran traer un paquete e que mo deixaran no restaurante grego do baixo. Funo recoller, expliqueille ao grego que non, que España non era unha república pero si que era algo así como federal, que iso era para as eleccións de Galiza e volvín para a casa. E alí estaban, unhas cantas papeletas intactas, unha notiña aclaratoria dun membro do partido e un selo de 19'95 euros de gastos de envío (!!!).

Para que despois queiran facer campañas de papeleta electoral, 3 céntimos de euro. Si, si...

4 comentários:

kaplan disse...

ande, non sexa cutre, que é por unha boa causa. un saúdo.

Plattdorf disse...

Ah, non, se eu non tiven que pagar nada. Os gastos correron a conta do tal partido.

Cesare disse...

ve, (m)alicia, que algunha influencia positiva si que temos?

Plattdorf disse...

:-P