12.6.05

tristura

Fuegho comunícame por teléfono unha noticia triste, tan triste. Imaxino a Uab voando de Barcelona a Carballo cunha pena enorme no corazón, sabendo que a súa casa non sería a mesma ao chegar, e sufro, e hoxe quixera estar alí para chorar con ela.

4 comentários:

Anónimo disse...

Ups. Nom sei o que foi, mas ânimo para uab.

Sub. H.

Anónimo disse...

Perdoa que poña o comment fora de sitio, pero é para que o leas canto antes. Teño unha amiga en Nova York que non votou no prazo estipulado, pero ti dis que se pode facer ata o día antes. ¿Poderías explicar polo miudo como vai o conto? Acabo de mandarlle a ela o enlace para que mire a tua resposta.

Plattdorf disse...

Vexamos, non teño aquí a documentación, pero a cousa é así. Para votar do estranxeiro tes que estar no Censo de Residentes Ausentes. Se non estás, esquécete, agora iso está completamente fóra de prazo. Se estás censada, xa tiveches que recibir na túa casa a documentación electoral, ou sexa:
1. Certificado de que estás no censo de residentes ausente.
2. Papeletas dos partidos que se presentan na túa provincia
3. Un sobre para meter a papeleta que ti elixas (por fóra pon algo así como "Eleccións ao Parlamento de Galicia 2005").
4. Un sobre máis grande para meter todo o anterior (ben, só unha papeleta, claro). Este sobre xa trae impreso por fóra o enderezo ao que vai dirixido.

Para votar hai dúas opcións:
1. Até o 12 de xuño podíase votar nos consulados. Isto xa pasou.

2. Até o día 18 (desta data non estou moi seguro, pero desde logo agora estás a tempo) podes enviar o sobre grande con todo dentro por correo certificado. Incluso hai un papeliño que funciona como solicitude para a devolución dos gastos de envío.

Estás a tempo para a segunda opción, ou sexa, enviar o voto por correo certificado. E penso que se pode facer até o sábado 18.

En calquera caso, toda esta información vén coa documentación electoral, así que se estás preguntando será porque non che chegou e porque non estás censada. Digo eu.

Anónimo disse...

A miña amiga xa se informou e a cousa ten delito: está censada, ten unha tarxeta censal que indica o seu enderezo en NY, pero o consulado sacou unhas listas que había que comprobar antes do 9 de maio, sen informar ben. Ela non recibíu a documentación electoral. Agora vai mirar se pode votar ainda coa tarxeta censal, por correo certificado, pero o conto é que o dos consulados é un cachondeo.
Moitas gracias de todas maneiras pola información. Saudiños.