7.6.05

aufhören!!

Malditos, todos contándome o bo tempo que está, a calor que vai, o ben que se está na praia, bla, bla.
Pois aquí chove e vai un frío que non se para!
Así que calen a boca e non torturen máis!

14 comentários:

hojasdehierba disse...

En plan solidario e para que non se torture vostede, aquí non se pode saír a rúa máis que para ir traballar: 40 grados e nin un pouquiño de brisa...
Saúdos.
Hai Cada
P.D.: polo menos vostede está en Berlín...

Bearissimo disse...

Si vai ser cojonudo ducharse con ghaseosa en Aghosto.

Revisión crítica do "cunceto" de "bo tempo" xa!.

Pemanciño ti que sabes, fai algho para que volva o clima ghallegho de toda a vida!

Plattdorf disse...

Ducharse con ghaseosa en agosto...
Que erótico...
Vou ter que incorporalo ao meu repertorio. Grazas pola idea.

Plattdorf disse...

"Revisión crítica do "cunceto" de "bo tempo" xa!."

Disque os chineses din que está bo tempo cando chove.

"clima ghallegho de toda a vida"

Vostede non será de Ourense, claro.
OU si?

Plattdorf disse...

"P.D.: polo menos vostede está en Berlín..."

Agradézolles sinceramente estes toques de atención. Quéixome de vicio e ao carallo.

bearissimo disse...

Mire Plattford que hai cousas de toda a vida que non lle teñen porque ser malas, eu que sei, o pulpo, por exemplo. E obviamente, o noso "cómo chove miudiño" que sempre será moito mellor ca esa dictadura do anticiclón que nos queren impoñer.

Se nos queixamos doutros tipos de asimilacionismo penso que o máis coherente é queixármonos tamén do asimilacionismo meteorolóxico. Ou quere que isto se acabe parecendo a un páramo calcinado da provincia de Albacete? Ou que a fermosa vila de Sanxenxo se transforme nun Torremolinos calquera?

P.D: Vostede probe pero persoalmente, para min a ghaseosa é máis ben "baixativa".

hojasdehierba disse...

Plattdorf... 39,8 tivemos onte de máxima, non lle digo máis...
E a máxima non é o peor, en realidade, o peor está sendo o altísima que é a mínima...
Non digo que se queixe vostede de vicio, pero sí que o concepto de "bo tempo", ás veces habería que revisalo un pouco.
Saúdos.

Plattdorf disse...

Arrea, que repercusión está a ter isto...

"Ou quere que isto se acabe parecendo a un páramo calcinado da provincia de Albacete?"
Deus me arrede!!

"Ou que a fermosa vila de Sanxenxo se transforme nun Torremolinos calquera?"
Arrenéghote demo!! (con certas reticencias ao de "fermosa vila de Sanxenxo", con perdón)

O polbo paréceme caralludo, igual que o concepto de "bo tempo" dos chineses, pero hai cousas de toda a vida como que para a miña avoa o "bo tempo" é cando está un día despexado. Claro, afortunadamente son dun lugar en que nunca se chega aos 40º, onde o nordés escaralla bastantes días de praia no verán e onde case nunca se pode saír de noite en camiseta, así que creo que coñezo ben o clima ghallegho de toda a vida. E afirmo que ten as súas vantaxes comparado co de Berlín. Non quería ir moito máis lonxe.
Pero critíquenme, critíquenme, que me fai ilusión falar do tempo. :-)

Plattdorf disse...

para min a ghaseosa é máis ben "baixativa"

Cada un sabe as súas.

Plattdorf disse...

Confeso que me apaixonan o concepto "asimilacionismo anticiclónico" e a idea de incorporarmos ao noso construto nacional a revisión do concepto de "bo tempo", a carón da eliminación do autoodio e a promoción da pataca de Coristanco.

Penso que vou incorporar todo isto ao meu repertorio.

bearissimo disse...

Conste que eu tampouco pensaba chegar tan lonxe pero é que vostede di unhas cousas...

¡A pataca de Coristanco! ¡Meu Deus! ¡Cómo se nota que leva tempo fóra da patria! ¿E logo non sabe que a mellor pataca do país é a da Limia?

Non comprendo as súas reticencias respecto á beleza de Sanxenxo. ¡Tan capaz de preferir Combarro!. Ao final non sei quen vai ser aquí o tradicionalista.

Pasarei por alto a súa insinuación sobre as miñas capacidades amatorias porque neste terreo non son un home de toda a vida e sei aceptar as miñas limitacións sen grandes traumas. De tódolos xeitos, se quere fágolle unha listaxe de situacións subitivas pero penso que este non é o medio.

"...case nunca se pode saír de noite en camiseta". Home aquí pilloume. Non podo deixar de recoñecer que todos temos dereito a nosa dose de frivolidade e coquetería. Pero non se preocupe. Tal como están as cousas, seguramente antes de que vostede se xubile poderá pasearse no mes de Febreiro en manga curta por Berlín. Daquela terá que mercar un camelo para vir á Península pero alomenos chegará á casa ben torradiño e poderá beber a deliciosa agua desalinizada da baía do Orzán.

Plattdorf disse...

Camelos, plantas desalinizadoras, bronceados intensos...
Pense nas vantaxes do panorama que me pinta: acabouse a emigración ás Canarias!

Bearissimo for president! E Santiago Pemán conselleiro de economía.

bearissimo disse...

Cruzou a liña. O triunvirato (Pemán, Gayoso e Superpiñeiro) é intocable.

Eto é todo e... ata a próxima borrasca.

Siga ben.

Plattdorf disse...

E por certo, que se me pasaba:
"¿E logo non sabe que a mellor pataca do país é a da Limia?"

Que enganadiño está, meu rei...

Pero en fin, deixémolo aquí, que non quero reproducir neste eido as pataqueiradas norte-sur do mundo futbolístico.