2.6.05

relacións públicas

Hoxe pasei case todo o día nun deses congresos en que a xente se dedica fundamentalmente a tomar uns petiscos e sobre todo a facer contactos profesionais entre conferencia e conferencia. Eu sempre procurei non limitarme a iso, pero hoxe descubrinme a min mesmo no medio dunha conferencia calculando se me daría tempo na seguinte pausa do café a falar con Fulano e mais con Citrano, sobre todo tendo en conta que Merengano acababa de entrar en silencio na sala e tamén me viría moi ben falar con el. Da conferencia nin idea. Estareime facendo vello?

Os petiscos espectaculares. Mañá vólvolle.

Sem comentários: