1.12.04

camiños de Europa

A fin de semana pasada, mentres eu viaxaba a Heidelberg, Pedro o peruano liscou a Bratislava. Easy-Jet ten voos baratísimos desde Berlín tanto á capital eslovaca como á eslovena, Ljubljana..., ehhh..., mmm..., ah, si, e os seus amigos decidiron regalarlle un billete de avión polo seu aniversario. Como eu xa coñecía a cidade, recomendeille un par de locais de ocio nocturno e veu de volta concordando comigo nas súas valoracións: a noite gai de Bratislava non é amplísima, pero vai por bo camiño.

Non me puido traer a tradución eslovaca do Principiño, que eu non comprara por topar as librarías pechadas, pero tentou sorprenderme co tríptico de Cesty, z ktorých sa rodila EURÓPA: SANTIAGO a jeho púte (non se entende nada, eh?), unha exposición sobre o Camiño de Santiago no Castelo de Bratislava que Cesare e mais eu descartamos visitar nun xélido e grisallo dez de outubro.

Persoalmente confío na bondade do proceso de unidade europea e penso que debemos facer un esforzo de aproximación e integración cos nosos novos socios da UE. O tríptico que me trouxo Pedro non serviu para sorprenderme, pero non sei que faga se non llo leve ao eslovaco loiro (arf, arf...) do meu curso de alemán na Volkshochschule.

Aproximación e integración, eses han ser os nobres conceptos que terei na cabeza cando llo leve.

4 comentários:

Cesare disse...

Non podo evitar unha bágoa, claro.

Cando voltará vostede a Liubliana?

Plattdorf disse...

Non, parece que o próximo destino oriental, Easy-Jet mediante, vai ser Riga. Andamos Pedro e mais eu coa planificación previa.
Prisciliana e a Osamorosa teñen os billetes para ir en pleno inverno a Helsinki, pero eu prefiro deixar o Báltico para a primavera.

Cesare disse...

Riga
Riga
m.c.n.s.p.muelas
E seguro que ademais xa mirou o xxl, verdade?
demonios. demonios moitas veces.

Plattdorf disse...

Pois non, a verdade é que aínda non o vira, porque aínda non me puxen á procura desa información. Agradézolle a ligazón, en calquera caso, igual ca todas as demais, claro...
;-)