Euro-döner?
De acordo, pouco a pouco vou estando máis seguro de que non quero que Turquía entre na UE. Convénceme especialmente o argumento de que este feito supoña un obstáculo grave para facer da Unión un proxecto con contido social e político, e que isto acabe reducíndose a un grande mercado aberto para o que o capitalismo salvaxe e globalizado nos continúe tomando o pelo comodamente e con ánimos anovados. Por outra parte, e en profunda relación con isto, non soporto a idea de que integrando a Turquía esteamos metendo na casa un colaborador acérrimo dos States e que lle fagamos de paso un favor á política internacional de Bush (e do ex-goberno de Ansar y sus anómalos secuaces).
Pero teño un problema. Aquí en Alemaña a discusión é vivísima; agora mesmo están falando diso na radio. Os partidarios do non a Turquía son os da democracia cristiá, coa facha de Angela Merkel e o pailaroco bávaro (nótese como vou asumindo os prexuízos berlineses) de Stoiber á cabeza. E os do goberno eco-socialdemócrata que si, que si, turcos para dentro.
Non me subestimen: non me preocupa o que pensen os verdes nin os vermellos. Preocúpame que os laranxas e os azuis queren facer unha recollida de sinaturas contra o ingreso de Turquía. Que é que vou facer cando os encontrar pola rúa? Esencialismo si, esencialismo non?
Ou mellor aínda: que esencialismo si e que esencialismo non?
P.S. I: hoxe vai de dedicatorias. Imaxe do euro-döner especialmente dedicada a Cesare.
P.S. II: os azuis non son nada esencialistas. Atención ao bonito detalle.

1 comentário:
Non vou dicir nada sobre turquía, porque xa o dixen todo. :)
Pero creo que é moooooito, pero moooooito máis progre dicir que non a turquía que dicir que si.
Incluso ás veces vexo un fedor "caritativo" nesa progresía burguesa que parece abominábel.
E paro, que me crispo.
Vou facer dous tixires prá eurocampaña:
1: por unha europa musulmá, pero sen turquía! (coa cara de vázquez e fraga)
e 2: cantimáis europa, menos españa, vota si.
Enviar um comentário