6.12.04

Veado esgotado

Chego á casa despois de dous intensos días de turismo cos meus visitantes –Weihnachtsmarkt e Glühwein en Potsdam incluídos- e conéctome. Cesare ándame suxerindo que fagamos un pedido masivo de slips a Australia: disque cando os use vai ser o fulano máis cool do Forum. Non aspiro a tanto; eu con botar o corpo dos modelos xa me conformaba.

Por outra parte, conseguino: Boss anúnciame que entrei no concurso fotográfico de renas e veados. Xa teño as primeiras fotos publicadas no meu blog portugués de cabeceira.

Que ninguén se confíe: a miña cámara dixital mercada no Lidl da Wilmersdorfer Straße aínda garda algunha sorpresa.

Gañarei?

3 comentários:

Cesare disse...

Eiiiii!
Iso non era pra contar!!!!!
:))

Plattdorf disse...

Carallo, como che cambia o conto...

En calquera caso: recibido.

;-)

Plattdorf disse...

Iso das cuecas da avoa...
O Boss está saíndo un pervertido...

:-D