9.4.05

19:45h


Chegamos a Schönefeld. MJoão di nunha mensaxe que non lle dá tempo a vir ao aeroporto e Emdicamor vai para a súa casa nunha liña distinta, así que vou eu só unha hora e pico no metro. Xa non hai estrañamento ningún: todo é coñecido, completamente familiar e cotián.


Xusto ao saír da miña estación, chega un SMS de Cesare. Comeza querendo facer de adiviño, acertando bastante -mntrs ti stas desesperado por non ntrarll ao macizo de alvdro-, e continúa lembrándome que hoxe viaxamos os dous ao mesmo tempo en dirección a Madrid, só que cuns 5.000 pés de diferenza vertical: Loliña debe botar fume.

Toda esta melancolía soluciónase ao subir as escaleiras. Na miña porta, á vista de toda a xente, MJoão deixou unha foto fantástica do noso entroido berlinés e mais un agasallo de aniversario en forma de cinto multicor. E mentres me preparo para tirar unha foto do conxunto, ela mesma abre a porta desde dentro.

Tou na casa.

9 comentários:

Plattdorf disse...

Vaia partidazo lle estou tirando á cámara do móbil novo, eh?

Cesare disse...

oooooooooooooooh
estou a afogar en bágoas, meu pequecho...

Anónimo disse...

precioso
m)alicia

hojasdehierba disse...

Por certo... ¿é cutre a estación de Schonefeld, ou foi impresión miña? Pensei que pasarían tódolos trens sen topar ónde mercar o ticket...
Hai Cada

Plattdorf disse...

A estación de Schönefeld é cutre, si, bastante na liña de todas as estacións periféricas de S-Bahn.
E os billetes hai que ter en conta que só se poden mercar, como en todas as estacións de S-Bahn, nas máquinas automáticas. Se non sabes iso, como lle pasa á maioría da xente que chega ao aeroporto, toleas para saber o que tes que facer...
Ademais a estación xa non se preocupan de arranxala porque o actual aeroporto de Schönefeld vai pechar dentro duns anos cando acaben de construír alí ao lado o mega-aeroporto Berlin Brandemburg International, todo hipermoderno, con centro intermodal de transporte, etc.

hojasdehierba disse...

Sí, o do billete foi una experiencia un pouco... bueno. O peor foi que parece que se cascaron as vías ou algo así ese día... e seica quitaron o Airport Express e desviaron o tren a Lichtenberg ou algo así. Eu que levaba o mapa ben estudiado :), para o que me serviu.
Teño que dicirlle que lle teño algo de envexa: non me importaría nada pasar unha tempada en Berlín.
Hai Cada

Plattdorf disse...

Se tal podemos facer un intercambio. Mudar se aires sempre foi cousa boa.

Plattdorf disse...

Por certo, que tal foi a súa visita? Despois de Schönefeld, claro.

hojasdehierba disse...

Non sei se lle prestaría moito Extremadura nos meses de xullo ou agosto ;-)... pero, se lle cadra, aquí ten vostede a súa casa.
A visita a Berlín foi realmente estupenda. Da a sensación de que alí ocorreu toda a Historia, así con maiuscula, hai nadiña. En xeral, os berlineses foron realmente amables connosco, malia que non dicíamos máis de dez palabras en alemán.
Marchamos coa certeza de que voltaremos a non moito tardar.
Quedaron museos sen visitar, e moitas cervexas por trasegar ;-)
Saúdos.