16.12.04

p(f)orno

Teño varios amigos que me mandan regularmente regaliños porno. Rara vez correspondo os envíos, porque para esas cousas son bastante roñoso. Ademais, despois da piada inicial, nunca sei moi ben o que facer con eles, se gardalos, se tirar con eles no caldeiro do lixo. Entre as cousas que fun gardando tiña por aquí uns cociñeiriños que me chegaron hai tempo por correo-e: acabo de decidir rescatalos para a vida útil despois de ler hoxe O Quilombo.

Non sei se serán exactamente o seu tipo, nin sequera creo que falase exactamente disto cando dicía que os cociñeiros son do máis estimulante para el, pero en calquera caso, van estes mozos dedicados a Dot.

5 comentários:

Dot disse...

Alegría, alegriote, que anda o rabo no pote!

Moitas gracias. De todas maneiras a min me van máis os bollos caseiros cós industriais, pero teñen unhas cociñas divinas. ;)

Plattdorf disse...

X-D

Plattdorf disse...

os "bollos" ou os "rollos"? ;-D

as cociñas nada, eh?, todo Ikea. xa sabe, unha pailarocada. ;-)

Cesare disse...

Despois da piada?
Dise así nas Mariñas?

Cesare disse...

ah, e grazas por non meter ligazóns cando fala de amigos que lle mandan porno... ;)