Trapos
En moitas ocasións, para asistir a determinados actos non me atrevo a vestirme como realmente me apetece, así que acabo disfrazándome cunha indumentaria da que me arrepinto inmediatamente despois de saír pola porta da casa. Por que me fago isto? Se engadimos os problemas de dispersión do armario provocados pola bicoastalidade, non é de estrañar que sábado fose para a RAG cunha mochila con roupa para me mudar á saída do acto.
E así foi. Minutos antes de recoller a Dagha no vestíbulo da estación, mudeime de cabo a rabo dentro do coche, mentres sorría imaxinando a Cesare mudándose nos baños do Dublín só unhas horas antes.
A camisa de Cesare era espectacular e a combinación de cores -se non me engano moito, debida en última instancia a Fufli, prégase c. ou r.- moi, moi acertada. O da talla do pantalón: unha carallada. Reláxese: Elfnoldo e mais eu concordamos en que para levar unha auténtica 46 tería que vostede almorzar, xantar e cear exclusivamente lardo de porco durante seis meses, e non sei se así...
Dagha sorprendeume con ese abrigo impresionante, nante, que viramos en setembro e que non se atrevera a mercar daquela. Bravo.
E seguindo co tema: nunca lle merquei nada a Antonio Pernas. Debería comezar unha campaña de boicot na miña familia, que o ten nos altares?

2 comentários:
Paréceme fatal. Pero fatal. Nos últimos catro anos cada vez que visto ben a xente pensa que é por causa de Fufli. E non é así. Desta vez menos aínda, pois Fufli veume esa roupa moito moito despois de que ma vise vostede. :)
Vostede si que estaba guapo. Claro que non tanto como Dagha.
Pto. 1: como dicía a outra, deixemos xa de zugarnos as pirolas.
Pto. 2: cando dicía en última instancia, quería dicir en última instancia, e referíame á cazadora. O resto das circunstancias xa as imaxinaba, e confío no seu criterio para se vestir.
Enviar um comentário