11.4.05

o mal non acouga

Eu non sei o que acontece, se é que estamos en pleno cambio de ciclo do calendario maia ou se é que a lúa chea anda máis arrabeada ca nunca. Pero o certo é que neste último ano -e especialmente nas últimas semanas- estou asistindo ao final dun fato de relacións de parella longas e aparentemente resistentes; unha marea de rupturas á que non lle atopo explicación.

A Providencia é tremendamente sabia. Dado que hai poucas cousas peores ca as síndromes de abstinencia, hoxe á mañá agasalloume cunha chamada teléfónica que me proporcionou unha horiña cumprida de psicodrama graúdo. Unha parella que eu sempre considerara un dos piares fundamentais da civilización occidental comunicábame o esfarelamento da súa relación xusto no momento máis inoportuno, cando por circuntastacias variadas non se van poder separar fisicamente un do outro durante dous longos meses. Hoxe o psicodrama viaxou polas liñas telefónicas de media Europa desde estes confíns prusianos ás estribacións dos Pireneos, da ribeira das Illas Británicas á beira do Sena. E para todos a desolación é a mesma.

Como era, Dot? As canções que você fez pra mim?: Don't know what you want but I can't give it any more

4 comentários:

Anónimo disse...

o mal non acouga nunca. pero prefiro pensar máis pragmático. simplemente xa temos anos para que a xente se separe. ou o que é o mesmo, decida asumir a inviabilidade dos modelos sociais herdados, ou algo.
[toma momento sociolóxico da perra chica]
m)alicia

Plattdorf disse...

Home, si, eu esas contas tamén as botara. Desde logo aos dezaoito non estabamos en idade de ter colegas que se separasen despois de dez anos de relación.
Pero é que agora dásevos a todos polo cadelicio a un tempo.
E un non dá feito!

Cesare disse...

1. xa sei que non van ser máis precisos, pero eu estou obrigado a pedírllelo.

2. se non te separas non podes volver namorar doutra persoa, ou? a separación e o divorcio son o movemento que move o mundo...

3. Non vou dicir nada de pescadores con gaño e mares avoltos, porque podería ser entendido como de malgusto.

Plattdorf disse...

1. Pois iso.

2. Precisamente iso é o que estou eu predicando estes días.

3. ...