betanceiros, que queredes?
-betanceiros, que queredes?
-que suba o pan e baixe a caña, e dúas
colleitas ao ano.
O post anterior tráeme lembranzas e faime reflexionar sobre caralladas, coma case sempre. Nas Mariñas hai toda unha serie de contos e anécdotas que presentan os habitantes de Betanzos coma uns seres disparatados. O de sempre: os de Lepe, os galegos, os sayagueses...
Escéptico, googleo algunhas frases míticas. Con varias non sae nada. Sorprendentemente, co título do post anterior sae un resultado, pero é unha rúa sen saída. Con "betanceiros, que queredes?", que é o comezo de todo un subxénero destes contos, obteño unha curiosa e posíbel orixe histórica nun blog churrascarraschás que non coñecía.
Agora vou estar fanatizado con esta historia un par de semanas. Con todo o que teño que facer... :-(
2 comentários:
pero non era "queremos ser liebres"? ese castelanismo faime case tanta gracia coma "queso"
(m)alicia
:-)
Ese é outro. E non é que queiran ser "lebres", é que queren ser "libres", pero o seu dominio do castelán non é suficiente. Analoxía, Ramón Lorenzo e esas cousas, xa sabe.
Enviar um comentário