termo
A integración nunha sociedade pódese observar en detalles variadísimos. Para esta viaxe, á parte de facer uns sandwichs dos que me chega o cheiriño a allo cada vez que abro a mochila, decidinme a mercar un deses termos de aceiro inox. e enchelo de chá para o camiño. Talmente, talmente como lles teño visto facer aos alemáns todo este tempo, e igual que lle vin facer a Prisciliana a primeira vez que me veu visitar a Prusia desde Renania-Palatinado. Ata o de agora, unha estraña resistencia á asimilación sempre me levara a beber algunha cousa do supermercado da estación, mercada xusto antes de subir ao tren.
Penso que estando de volta en Galiza tampouco me atrevería a viaxar co termo, a risco de parecer un gañador de concurso de freakies. Pero aquí e hoxe, a 300 km/h, vou satisfeito de vez con el.
Ergo a vista do papel. Ah, as primeiras montañas.
2 comentários:
O concurso de freaks no TRD está moi disputado: o meu voto vai para ese distinguido señor maduro e barbudo que acostuma calcetar durante as súas viaxes.
En canto ao do termo, aconséllolle que leve dentro só auga fervendo e use a saquetiña xusto á hora de tomalo. Así está moito máis rico. ;)
kyrie 5 spongebob
yeezy
moncler outlet
stone island
yeezy
jordan retro
kyrie 5 spongebob
kd shoes
bape clothing
lebron 16
Enviar um comentário