independence day
Onte, volvendo tarde para a casa no metro, sorprendeume a conversa que levaban uns adolescentes no peor sentido da palabra. Falaban con sentido crítico de Bush, de Kerry, de anécdotas de Giuliani, Rumsfeld e Schwarzenegger, da ausencia de armas de destrución masiva...
Nun día coma hoxe, marabíllome de saber que a pesar de todo, we aren't all living in Amerika.
9 comentários:
Falaban en alemán ou inglés?
Votaban?
Que votaban?
Kerry, Bush? Stoiber, Merkel, Schröder?
Creo recordar que na 'Zero' facían unha curiosa louvanza da masculinidade dos Rammstein, verdade?
Eu non leo a Zero coma vostedes, pero abofé que pode resultar moi excitante ver adolescentes berlineses, petardas todas, choutar con eles. Bueno, choutar non: algo decididamente máis sobrio.
eu diría incluso: "algo decididamente máis mach@".
eran dous aprendices de góticos. criaturiñas.
falaban en alemán e non sei por quen votan. agora que o lembro, tamén falabn moito de Bowling for Columbine, Farenheit, Michael Moore e tal e tumba.
da Zero pouco podo falar ultimamente, señora, porque non vexo máis ca algún número do verán cando ando por aí.
Hai algunha posibilidade de que non empregues unha letra da piolla? Non lle podes subir o size á template do bloguer?
pto. 1: fale cos que fixeron o seu navegador. (falou o acomodado)
pto. 2: hai algunha posibildade de falar con máis anglicismos? (pregunta retórica)
pto. 3: son malo. podo ser pior.
en todo caso, farase o que se poida para atender a súa solicitude.
Enviar um comentário