máis ca amor, frenesí
Todos estes últimos días foron unha vertixe de idas, vidas, entradas e saídas. Desde o mesmo venres, tras a segunda sesión da Galiciale, as visitas e os amigos leváronme a unha actividade frenética, fundamentalmente dirixida ao lacer. Non me queixo:
Venres noite: no Roses con punkies dos de toda a vida, no Schwuz co refugallo dos mariadolescentes trascendentes.
Sábado: no Pfefferberg escoitando as tres semanas chipriotas de Paola, no Sage Club asisitindo por primeira vez na miña vida a unha -gloriosa- sesión de Phats&Small (!!!!!); no Moskau co refugallo dos maricool máis enfarlopados; en Die Busche..., en Die Busche.
Domingo: todo o día en Kreuzberg nas historias do 1º de maio, miniconcertos de reggae, ska, punk, house e hip hop, carreiras -doutros- diante da poli, frango grelhado tirados na herba. Finalmente, fin de festa gloriosa vendo videoclips españois dos oitenta e noventa -desde Radio Futura a Miguel Bosé pasando por Sabrina mostrando a teta- na de Paola, Rafa e Amaya. Grande resaca.
Luns: cea discreta no Schwarzes Café.
Martes: último día de Pelagius na cidade. Decidimos que dorme na miña casa pero non chegamos até as cinco da mañá: hai festa do Ackerkeller no Acud e compartimos sensación de almas perdidas cos mariesquerdosos que saen aos martes.
Mércores: vaise Pelagius e podo durmir un pouco.
Xoves: igual ca en Santiago, a Ascensión é feriado en Berlín. Chegan novas visitas á miña casa: A Bella Vasques e Schanka son moi riquiños e tráenme provisións de todo canto é galego. Non faltan os chourizos, o queixo de San Simón, as algas en conserva nin o licor café do Mosquito (en botella de Martini!!!!). Á medianoite abandónoos porque quedei con Pedro en ir ao Kinzo Club; este xoves hai Chantal's House of Shame e tocan os Glamour to kill. Estamos tan adiante que lles podemos cuspir ou tirarlles do pelo, pero preferimos reparar nos especimes que nos rodean. Un brasileiro -Ánderson ou Émerson, había demasiado ruído- pregúntame de onde son e ante a resposta fica uns segundos calado, dubidando. Estou a punto de explicarlle o concepto cando me di: você sabe? O número um das piadas no Brasil são as de portugueses. E o número dois são as de galegos!
Grandes risas.

3 comentários:
1. Por que os españois cando vos xuntades sempre acabades vendo vídeos dos 80? ;)
2. Que pasou con Ánderzon?
1. Podería responder mesturando escatoloxía e odontoloxía molar, ou mesmo ameazalo cunha cisión testicular que inclúa a retirada duns vinte centímetros de tecido adiposo abdominal. Pero non o vou facer, son unha persoa educada.
Polo demais, xa sabe o moito que manteño as distancias, as razóns que me levan a esa casa, o MOITO que me desagrada o maldito pop español dos oitenta e canto me presta non saber de memoria as cancións de Radio Futura.
2. Podería responder...
jajajajja
:))
Enviar um comentário