visitas
As casas dos colegas, esparexidas por Europa e polo mundo, forman unha mesta rede de pousadas alternativas que, xunto con Easyjet, moitas alegrías nos dan. Mentres A Bella Vasques e Shanka ficaban na miña casa en Berlín, eu xuntábame con Fuegho na de Caeira, en Varsovia. Martes á tarde, Fuegho foise de volta a París porque o xoves chegáballe (m)alicia, e hoxe mesmo debe andar Prisciliana de camiño a Polonia.
Onte á noite falaba con Liverpool de ir pasar unha fin de semana á illa, e xa teño solicitudes para ocupar o meu rocho prusiano en xuño e en xullo.
Haise que espilir. A lista de espera non espera.
Onte á noite falaba con Liverpool de ir pasar unha fin de semana á illa, e xa teño solicitudes para ocupar o meu rocho prusiano en xuño e en xullo.
Haise que espilir. A lista de espera non espera.
2 comentários:
Ufff, o verán pasado xa tiven experiencias suficientes na súa Ithaca como para necesitar marcar un pouco as distancias. Por saúde mental.
De todos os xeitos, grazas, moitísimas grazas. :-)
Claro que, pensándoo ben... A min as illas gregas sempre me tiraron moito. E non sempre haberá que caer en Mikonos, digo eu...
;-DD
Enviar um comentário