11.5.05

ferrocarrilando

Ao final, a viaxe en tren de Berlín a Varsovia non foi tan dura como pensaba, sobre todo porque o das tres horas tirado en Frankfurt an der Oder resultaron ser unha falsa alarma. En calquera caso xa podo dicir que pasei a fronteira esa, a de Wagner e Allen e todo iso, e que sei o que é ir escoitando falar polaco tres horas non-stop: un rapaz e unha rapaza que viaxaron no meu compartimento entre Frankfurt-Oder e Poznan, tres horas de tren rexional con parada en todas as aldeas. Ao comezo pensei que quizais saruman fose casualmente unha palabra polaca, pero cando apareceron Smeagol e os Hobbits entretívenme tentando seguir a conversa.

Á chegada a Varsovia, Josep, Zé, Sabine, Caeira e Fuegho -acabadiña de chegar desde París- conformaban a comitiva de recepción. A primeira visión da cidade, xusto ao saír de Warszawa Centralna, foi a única imaxe que tiña do lugar: o agasallo de Stalin, que uns queren conservar e outros derrubar. A seguinte visión, a enchenta.

4 comentários:

Cesare disse...

Mantela, mantela, claro

Plattdorf disse...

Conservacionista!
Non será vostede dos de Patrimonio?

Cesare disse...

Oh, claro que non...
Pero un liberal ve moitas posibilidades de negocio no edificio co ascensor máis rápido de toda europa.
;)

Plattdorf disse...

Mmmm, os multicines do baixo indican que xa houbo un liberal máis rápido ca vostede.