11.10.05

agasallos


O meu apartamento en Berlín estivo ocupado durante este verán por varias xeiras de colegas, coñecidos e descoñecidos que pararon nel durante uns días de vacacións. O certo é que estivo bastante concorrido. Ao chegar de volta, atopeime coa sorpresa de que todos eles me foran deixando notas de agradecemento e pequenos agasallos: bombóns, toffes e até uns chourizos de Lalín ao vacío.

Entre eles, ao fondo de todo, estaba o galano de Cesare e Barataria. Escuso dicir que estes rapaces están á última: segundo o que puiden consultar nunha web especializada, trátase do ultimate anal toy. Un desfase, polo visto.

Entre as recomendacións de uso que dan na web, saliéntase a seguinte advertencia:

Important: If your set does not have a handle or ring on the end, be sure to leave at least one bead outside the asshole to grip for removal.

Afortunadamente, o meu ten unha arandela on the end. Até niso estiveron aleutos os meus hóspedes.

En fin, rapaces, desde o máis profundo do meu ser: grazas.

6 comentários:

kaplan disse...

que detalle!

Plattdorf disse...

É que lle son do que non hai.

Anónimo disse...

Xa as emprestara, ohhhh.

Cesare disse...

eu estaba preocupado porque como vostede non comentaba nada, pensei que algúns dos que viñeran despois as colleran prestadas.

agardamos que lles dea uso, non vaia ser que lle caduquen.

;)

Plattdorf disse...

Home, caducar non caducarán, pero se as uso non se gastarán moito?

Plattdorf disse...

É que se as gasto, quedo sen elas, non sabe?