invernía
O venres pasado foi o primeiro día de auténtico inverno desta tempada. A mediodía, mentres tomaba café e orientaba un pouco a unha neoberlinesa compostelá que me localizou polo correo electrónico, caeu unha nevada que non chegou a callar pero trouxo imaxes propias de xaneiro.
O mesmo venres, consultando as predicións nun xornal en papel, decátome de que lle poñen nomes de home ás borrascas e de muller aos anticiclóns, ao estilo do que se fai cos furacáns e ciclóns tropicais. Estes días, por exemplo, o corredor que había entre o anticiclón Xandra e a borrasca Rainer estivo mandando un frío polar a Prusia. Hai uns días, a fronte fría asociada a Quentin deixou precipitacións en forma de chuvias e nevadas desde as Illas Frisias orientais até Brandemburgo.
Supercool.

1 comentário:
Oi, ho, pior sempre pode ser. Polo de agora aínda estamos tendo máximas sobre cero. ;-)
E o tempo tamén pode mellorar. Normalmente o inverno pechado só chega a partir do Nadal.
De calquera maneira escríbanme un correo co día da chegada e todo iso. Non vou estar en Berlín do 1 ao 5 de decembro e creo que vou chegar xusto para recibilos, non?
Enviar um comentário