Johannisnacht
Unha das rúas de Mainz chámase Bädergasse, en lembranza dos baños públicos que había alí na Idade Media. Polo visto tratábase de establecementos terapéuticos que tanto usaban para a curación herbas medicinais como conxuncións astrais. Aínda que todo iso desapareceu coa chegada do Renacemento, na actualidade hai na zona un parque de xogos infantís alusivo a este tema, cunha placa que explica cales son as herbas plantadas no parque e que usos podían ter. Tamén explica o seguinte, e cito de memoria:
A importancia que tiña na Idade Media... Agora xa podemos cuantificar con máis exactitude o desfase cultural-temporal entre A Coruña e Mainz.
Nun dos muros deste parque furouse un burato polo que pasa a luz do sol ás 12:00h nos días previos a posteriores ao 21 de xuño. O sol pasa a través deste burato e brilla na placa de latón posta no chan en lembranza da importancia que tiña na Idade Media o baño da noite de San Xoán (23 de xuño), considerado entón de grande poder terapéutico.
A importancia que tiña na Idade Media... Agora xa podemos cuantificar con máis exactitude o desfase cultural-temporal entre A Coruña e Mainz.
Sem comentários:
Enviar um comentário